miércoles, 9 de enero de 2013

Xaneiro: mes pola paz





O 30 de Xaneiro de 1948 morreu Mahatma Gandhi, un político e pensador pacifista, que loitou dende a NON VIOLENCIA pola liberación do seu país, a India, que pertencía ás Illas Británicas.
En 1964, para conmemorar o día no que morreu Gandhi, Llorenç Vidal, un educador, poeta e pacifista mallorquín, fundou o Día Escolar da Non Violencia e a Paz para que dende a educación se fomente a tolerancia, a paz, a amizade, o diálogo,... e o entendemento entre as razas, relixións e culturas.
En 1976, o Ministerio de Educación e Ciencia recoñeceu esta data e dende entón é un evento practicado anualmente por millares de colexios e estudantes de todo o mundo



"A vida ensinoume que:
- a xente é amable, se eu son amable; 

- que as persoas están tristes, se estou triste; 
- que todos me queren, se eu os quero; 
- que hai caras riseiras, se eu lles sorrío; 
- que hai caras amargas, se estou amargado;
- que o mundo está feliz, se eu son feliz; 
- que as persoas son agradecidas, se eu son
  agradecido.
A vida é como un espello: 
- Se sorrío, o espello devólveme o sorriso. 
- A actitude que tome fronte á vida, é a mesma que a vida tomará ante min.
 O que queira ser amado, que ame."
                                                     (M. Gandhi)

                             
                                      

Canción que este ano cantaremos pola PAZ ...
                                     

Video para pensar ...


Película completa sobre Gandhi

Agradecemos todos estos recursos, atopados na rede, que nos serven para reflexionar