jueves, 28 de noviembre de 2013

Conferencia ... “…de camiño á escola”

 
 
Agardamos, con agarimo, a todos os membros da Comunidade Educativa dada a importancia do tema e o esforzo que supón organizar estos Actos. Unha aperta

lunes, 25 de noviembre de 2013

Conmemoración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero

Co gallo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, o campus de Ourense organiza un programa de actividades durante todo o cuatrimestre.

O día 25 serán dous os actos protagonistas desta conmemoración:
- De 11.00 a 20.00 h, na Sala Emilia Pardo Bazán, no soto do Edificio de Ferro, levarase a cabo un faladoiro, unha lectura ininterrompida de nove horas a prol da igualdade e en contra da violencia de xénero. O acto está aberto a todas as persoas que desexen participar.
- Ás 19.30 clausurarase o faladoiro coa participación de autoridades da cidade.
- A continuación, ás 20.00 h, inaugurarase o Camiño da Igualdade entre o Pavillón Concepción Ramón Amat e a Unidade Administrativa do campus. Placas con nomes de destacadas mulleres renderán tributo á aquelas que destacaron ao longo da historia en diferentes eidos.

 
Podedes obter información na web da Universidade de Vigo, Campus de Ourense, na seguinte páxina web.
Pincha no enlace e terás acceso ao cartel. debaixo do mesmo pincha en cartel para visualizalo mellor.
 
 
 
 

viernes, 8 de noviembre de 2013

A Festa do Magosto ...

Hoxe celebraremos a festa do Magosto con moita ilusión ... faremos moitas fotos para que nos vexades ... xa as publicaremos neste rincón da nosa web ...
Temos una exposición, na entrada principal do Colexio, cos nosos traballiños, contos etc ... Quedaremos encantados se a visitades ...
 

lunes, 4 de noviembre de 2013

Festa do Samaín

O xoves, 31 de outubro, celebramos esa festa misteriosa .... do SAMAÍN !!! ... no cole ...
Fixemos moitos traballos e nos disfrazamos ...