lunes, 25 de noviembre de 2013

Conmemoración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero

Co gallo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, o campus de Ourense organiza un programa de actividades durante todo o cuatrimestre.

O día 25 serán dous os actos protagonistas desta conmemoración:
- De 11.00 a 20.00 h, na Sala Emilia Pardo Bazán, no soto do Edificio de Ferro, levarase a cabo un faladoiro, unha lectura ininterrompida de nove horas a prol da igualdade e en contra da violencia de xénero. O acto está aberto a todas as persoas que desexen participar.
- Ás 19.30 clausurarase o faladoiro coa participación de autoridades da cidade.
- A continuación, ás 20.00 h, inaugurarase o Camiño da Igualdade entre o Pavillón Concepción Ramón Amat e a Unidade Administrativa do campus. Placas con nomes de destacadas mulleres renderán tributo á aquelas que destacaron ao longo da historia en diferentes eidos.

 
Podedes obter información na web da Universidade de Vigo, Campus de Ourense, na seguinte páxina web.
Pincha no enlace e terás acceso ao cartel. debaixo do mesmo pincha en cartel para visualizalo mellor.
 
 
 
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario