domingo, 31 de mayo de 2015

Información sobre actividades de verán para escolares (Ourense)


ACTIVIDADES DE VERÁN 2015 PARA ESCOLARES
(información recibida do Concello de Ourense)





CENTROS DE ENSINO DE EDUCACIÓN PRIMARIA (mes de xullo)
CEIP Irmáns Villar. R/ Pena Trevinca, 41
CEIP Couto. R/ Rampa de Sas s/n
CEIP Mestre Vide. R/ Mestre Vide, 4
CEIP Prácticas. R/ Vicente Risco, 11
DIRIXIDO A: alumnado de Educación Primaria (6-12 anos)*
HORARIO: 9.00 a 14.00 h


AULA DA NATUREZA DE OIRA (meses de xullo e agosto)
Paseo Fluvial de Oira

DIRIXIDO A: alumnado de Educación Primaria (6-12 anos)*
HORARIO: 10.00 a 13.00 h e de 16.30 a 19.30 h

*O alumnado do 1º curso de Educación Primaria presentará un certificado do centro escolar que acredite que realizaron este curso no ano 2014/15.

BIBLIOTECAS MUNICIPAIS (meses de xullo e agosto)
*Inscrición nas propias bibliotecas.
BPM A Carballeira. Praza de Sagrado Corazón s/n
BPM San Francisco. Explanada de S. Francisco s/n
BPM A Ponte. R/ Eulogio G. Franqueira 43 (centro cívico A Ponte)
DIRIXIDO A: alumnado de 4 anos cumpridos no momento da solicitude ata os 10 anos (*a idade xustificarase co libro de familia ou DNI)
               HORARIO: 10.30 a 13.00 h



INSCRICIÓN do 1 ó 15 de xuño (de 9.00 a 14.00 h) na Concellería de Educación, agás bibliotecas. Prazas por rigoroso orde de inscrición. Non se admiten ingresos bancarios sen a previa inscrición.
DOCUMENTACIÓN: Fotocopia da tarxeta sanitaria do neno/a e unha foto.
PREZO público: 1O € 1º INSCRITO / 5 € IRMÁNs


O día de inicio das actividades haberá una reunión informativa cos monitores e monitoras. Pregámoslle asistan a mesma. Grazas

sábado, 16 de mayo de 2015

Apoia a Alba e Adrián na Final "Que é un rei para ti?


Os nosos alumnos  Adrián Vázquez e Alba Pérez, de 6º curso, foron seleccionados en diferentes modalidades (multimedia e debuxo, respectivamente) no concurso “¿Qué es un Rey para tí?”.
Na modalidade multimedia, foron seleccionados 25 finalistas a nivel nacional.
Este domingo, 17 de maio, haberá unha votación on-line a través da seguinte páxina:

 

http://www.proyectosfundacionorange.es/reyparati/

 


Despois un xurado decidirá entre os candidatos máis votados.
No nome da súa titora e no noso, agradézovos anticipadamente a vosa colaboración. 
Un saúdo e moitísimas grazas!