domingo, 26 de abril de 2015

Premios recibidos no concurso "Un sello para Ourense"




Na cidade de Ourense, o 18 de marzo de 2015, no liceo de Ourense, reunido o xurado calificador do concurso de debuxo "Un sello para Ourense" decidiu, dada a calidade e a cantidade dos traballos recibidos, otorgar ademais dos premios recollidos nas bases dous accesits e outro premio para o mellor participante de cada colexio.

Dende o CEIP a Ponte queremos felicitar a Nadia Iglesias que conseguiu un Accesit dos dous que se otorgaron e a Irene Fernández que foi galardonada co premio de cada colexio participante.
Parabéns as dúas!!


PONTEATRO 2015


Finalista no IV concurso de poesía do Circulo Poético Ourensán: Parabéns, Adrián!!!


Reunido o xurado do IV ENCONTRO DE POESÍA "CÍRCULO POÉTICO OURENSÁN" para alumnas e alumnos de primaria e ESO da cidade de Ourense seleccionou  ENTRE OS SEUS FINALISTAS A ADRIÁN VÁZQUEZ VELASCO, DE 6º DE PRIMARIA!

A súa poesía formará parte da Antoloxía "Cando falo de Ourense o meu corazón dime..." proxecto editorial de Círculo Poético Orensán e do cal cada autor recibirá dous exemplares que se entregarán na gala do seguinte concurso.

PARABÉNS A ADRIÁN
Pola túa fermosa poesía!!!