miércoles, 8 de mayo de 2013

Preparamos o Día Das Letras Galegas ...

 
 

O Día das Letras Galegas deste ano 2013 está dedicado a unha figura central da literatura e do teatro galegos. Roberto Vidal Bolaño (Santiago de Compostela, 1950-2002) destacou pola súa dramaturxia, mais tamén pola súa achega ao daquela emerxente audiovisual galego e pola súa implicación na profesionalización dun teatro propio e na lingua propia de Galicia no que participou como actor, como director, como iluminador...
Dende a Secretaría Xeral de Política Lingüística queremos destacar desta inmensa figura o seu compromiso co idioma. Non só toda a súa obra está escrita integramente en galego, senón que, se hoxe o teatro profesional funciona na nosa lingua, é grazas ás persoas que, coma el, o construíron estreitamente ligado a ela.


Material divulgativo

A Secretaría Xeral de Política Lingüística co fin de difundir a figura e o legado de Roberto Vidal Bolaño entre a comunidade educativa dos diferentes niveis de ensino non universitario, pon á disposición dos centros escolares os seguintes materiais.
Cada unha destas exposicións fai un percorrido polos momentos máis significativos da biografía do autor e as múltiples facetas que desenvolveu ao longo da súa vida.

Exposición gañadora do Concurso-Exposición Letras Galegas 2013 de educación primaria: CEIP ADR Castelao (Rianxo)
 
  
 

Materiais para ESO, bacharelato, FP e ensinanzas especiais elaborados pola Asociación Roberto Vidal Bolaño 


 

 

Outras actividades dinamizadoras
 
Por outra banda, moitos centros educativos tamén se suman á celebración do Día das Letras Galegas e réndenlle a súa propia homenaxe ao dramaturgo con iniciativas e recursos que contribuirán a coñecer mellor a súa obra.

 

>> Facianas das Letras Galegas: o EDLG deste centro preséntanos un extenso traballo sobre as historia do Día das Letras Galegas. Fai un repaso de todos os autores e autoras que foron homenaxeados no Día das Letras Galegas, dende Rosalía no ano 1963, ata Roberto Vidal Bolaño no 2013.



>> WEBQUEST Roberto Vidal Bolaño: no CPI de Pontecesures, elaboraron esta interesante webquest para favorecer o coñecemento da figura do autor homenaxeado. Está dirixido a alumnado do terceiro ciclo de primaria.

 

>> Blog Que suba o pano: blog co que o EDLG do CEIP A Pedra de Bueu pretende un achegamento do teatro á escola a través dunha exposición itinerante de libros de teatro infantil e xuvenil.

 

>> Libro Lim Roberto Vidal Bolaño: o CEIP Vales Villamarín ofrécenos este libro-lim que fai un percorrido pola biografía de Vidal Bolaño. Inclúe encrucillados, sopas de letras, quebracabezas e outras moitas actividades que axudarán aos máis pequenos a coñecer a vida e a obra deste dramaturgo.



>> Concurso Letras Galegas 2013o EDLG do IES Lagoa de Antela organizou este interesante concurso literario e artístico para celebrar o Día das Letras Galegas.




>> Telexornal Vidal Bolaño: o EDLG do CPI Dos Dices de Rois realiza neste telexornal unha homenaxe a unha das figuras máis destacadas do teatro galego contemporáneo, o dramaturgo R.Vidal Bolaño. Analizan os múltiples rexistros da súa obra e fan fincapé no seu compromiso cívico e social.



 
>> Proposta Letras Galegas 2013 do Seminario Galán: ceste traballo que nos chega dende o CEIP Galán de Arteixo lémbranos a orixe do Día das Letras Galegas e repasa os autores aos que se lles adicou este día dende o ano 2002. Inclúe materiais imprimibles, actividades en liña e álbum de fotos para afondar na figura de R. Vidal Bolaño. 




>> A fume de carozo: neste espazo radiofónico do EDLG do Colexio Calasanz-PP Escolapios da Coruña emitiuse unha edición especial dedicada a Roberto Vidal Bolaño. Para este programa contaron coa colaboración do fillo do dramaturgo.





 >> Marcador-Calendario Roberto Vidal Bolaño: o EDLG do IES Lagoa de Antela achéganos este singular marcador-calendario dedicado á figura de Roberto Vidal Bolaño.





 >>LIM Roberto Vidal Bolaño: as mestras Filomena Manzano Laso, Julia Pérez Vázquez e Margarita Rocafort Hermida elaboraron este completo LIM para introducirnos no mundo do espectáculo teatral e achegarnos ao homenaxeado das Letras Galegas 2013.





>>Documental Vidal Bolaño: neste documental o alumnado do CPI Dos Dices de Rois amplía o seu traballo sobre Roberto Vidal Bolaño con entrevistas e testemuños que nos axudarán a comprender mellor á súa obra.






>>Test interactivo: dende o CEIP A Ponte de Lugo chéganos este didáctico test para que poñades a proba os vosos coñecementos sobre Roberto Vidal Bolaño.




>> LIM Roberto Vidal Bolaño: dende o CEIP A Pedra de Bueu chéganos este interesante LIM co que o alumnado de primaria pode afondar na figura do homenaxeado..


No hay comentarios:

Publicar un comentario